TAREFA 15.- MARCAPÁXINAS DO DÍA DAS LETRAS GALEGAS

 Con motivo da celebración das letras galegas, imos facer unha especie de marcapáxinas rememorando este festivo. Ademais, xa que este ano a galardonada será Xela Arias, e será preferible que o marcapáxinas trate de algo sobre a súa persoa. exemplo a seguir: 

 

Fixemos dous marcapáxinas diferentes, xa que un o fixen importando unha imaxe en formato .svg directamente.

Entón, para comeza, hai que facer un rectángulo con radio (para que non teña esquinas). Logo agrupalo con outro rectángulo oco para deixar o oco no medio, e por último metemos outro rectángulo por encima, que sería o que iría por detrás da folla , soportando o marcapáxinas desta forma. Con isto xa teríamos o corpo feito e só nos faltaría a parte "creativa". A partir deste corpo fixemos dous deseños diferentes, un no que importamos directamente un arquivo .svg, fixémolo oco e o metimos nun rectángulo. Puxen unha lingua que representa alingua galega e a súa importancia. Así quedou. Este non se puido imprimir debido a que os ocos da lingua non están unidos de ningunha forma ao marcapáxinas, polo que non quedaba ben:

 
Para o seguinte foi máis complicado. O que fixen foi facer un libro en Inkscape seguindo este vídeo (máis ou menos). Despois de facelo, importeino como arquivo .svg e incluíno como oco nun rectángulo, ata que quedou así. este marcapáxinas representa a importancia da literatura galega.




Comentarios

Entradas populares de este blog

GIMP: CORRECCIÓN Y EDICIÓN DE COLOR DE FOTOGRAFÍAS

TAREA 13.- DISEÑO LOGOTIPO INSTITUTO