A obsolescencia programada hoxe en día
Coñécese como obsolescencia programada á determinación ou programación do fin da vida útil dun produco, de tal xeito que pasado un período de tempo determinado, calculado polo fabricante previamente, dito produto vólvese obsoleto, no funcional, inútil ou inservible.
A obsolescencia programada aparece por primeira vez en 1924, nunha convención das maiores empresas fabricantes de lámpadas coma Osram, Phillips ou General Electric (coñecidas como Cártel Phoebus).. Alí acordan que as súas lámpadas van durar só 1000 horas en vez das 2500 horas que duraban antes, para que así a xente tivese que mercar lámpadas máis frecuentemente, conseguindo ditas empresas un maior beneficio. A partir de ahí o concepto empezou a popularizarse, cambiando de algún modo a economía. Só uns anos anos despois, xa se pensaba que un produto que non se desgastaba co tempo era moi prexudicial para a economía. Para as empresas, a obsolescencia programada estimula o consumo, a demanda, de xeito que incrementa sus beneficios, parte dos cuales vanse investir en innovación e investigación para ofertar mellores novos productos.
Para poder apreciar o que duraban os aparatos eléctricos antes de que se normalizase a obsolescencia programada, temos como exemplo a bombilla do parque de bomberos de Livermore (California) que leva funcionando 119 anos seguidos. A bombilla é tan famosa que ten unha páxina web!
Unha desventaxa da obsolescencia é a cantidade de residuos que crea. Os españois creamos máis de un millón de toneladas de residuos electrónicos ao ano. A xestión de estes recursos é moi complicada xa que son moi contaminantes: teñen plásticos que poden acabar no estómago dos animais marinos e substancias nocivas como mercurio o bromo.
Pero o maior problema destes residuos é o seu alamacenamento. Estanse a formar grandes vertedoiros en moitos lugares como Ghana ou Pakistan, que perxudican en gran maneira o ecosistema deses sitios.
Para reciclar os nosos aparellos electrónicos temos que levalos a un punto limpo ou tamén llo podemos deixar á tenda para que se faga cargo deles. Tamén podédevos consultar a fundación Ecotec, unha organización creada sen ánimo de lucro co fin de facilitar a reciclaxe de aparellos eléctricos.
Esta práctica abre un gran debate ético sobre a moralidade da mesma. É realmente necesaria para manter a economía? O que causa a obsolescencia programada principalmente é o consumismo en masa, e a economía de hoxe en dia está moi condicionada por este consumismo. Pero según algúns especialistas, se o noso consumismo segue aumentando desa maneira, vai chegar un momento no que se alcance un límite e, nese momento, a economía vai colapsar.
Dende o meu punto de vista, a obsolescencia programada non e necesaria, ou polo menos non en tanta medida (os móviles, por exemplo, son case inservibles na maioría dos casos soamente dous anos despois da súa compra). A obsolescencia é unha práctica que beneficia únicamente á empresa e axuda en moi pouca magnitude ao consumidor. Aínda que fose verdade que sen obsolescencia colapsaría a economía, deberían tomarse algunhas medidas para protexer ao consumidor, xa que a esa medida obriga a moita xente a facer moito máis gasto do necesario.
Hai moitos tipos de obsolescencia (podense ver aquí) pero aparte da obsolescencia programada tamén existen outras, e en concreto quería falar sobre a obsolescencias de desexo, que consiste en cambiar un producto por outro non porque xa non funcione, senón porque saiu un mellor, non está de moda e hai outra versión actualizada. Este tipo de obsolescencia é causada polo noso desexo do novo producto aínda que o anterior siga funcionando. Hoxe en día esta obsolescencia está aumentando moito e pode que no futuro xa non faia falta a obsolescencia programada, xa que nós mesmos imos cambiar o producto en pouco tempo. Por exemplo, hai moita xente que cando sae o novo iPhone, o compra, deixando o seu móvil anterior (totalmente funcional) no desuso.
Para concluir, aínda que a obsolescencia programada é unha práctica que se ven practicando dende hai case un século, o consumidor, en moitos dos casos encontrase desportexido ante ela e, na miña opinión, debería estar baixo unha lexislación máis esctricta (incluso no caso en que cambiemos de producto pola presión social ou para estar "na moda").
Eu personalmente si que tiven que lidiar coa obsolescencia, sobre todo nos móbiles. Desde que tiven o meu primer móbil, levo usados catro móviles. Que deixara de utilizar os móbiles non foi sempre culpa da obsolescencia (romperonme dous), pero os outros dous os tiven que deixar de usar porque non funcionaban de modo axeitado (eran xa de segunda man). O que máis me durou duroume dous anos, e aínda funciona, pero a súa bateria non dura máis de dúas horas e non pode correr case ninguna aplicación.
Para concluir, aínda que a obsolescencia programada é unha práctica que se ven practicando dende hai case un século, o consumidor, en moitos dos casos encontrase desportexido ante ela e, na miña opinión, debería estar baixo unha lexislación máis esctricta (incluso no caso en que cambiemos de producto pola presión social ou para estar "na moda").
Webgrafía:

Comentarios
Publicar un comentario